GUISO DE FIDEOS CON MEXILLÓN

Ingredientes

INGREDIENTES : 1/2kg de fideos do nº 4, mexillóns (sobre 30 pezas), 2 cebolas tenras, allo, 1 pemento vermello, 2 tomates enteiros e pelados, azafrán e unha folla de loureiro

Elaboración

PASOS:
O primeiro é poñer a abrir os mexillóns, nunha ola con auga. Gardamos o caldiño que obteñamos. Mentres van abrindo, cortamos finamente cebola, pemento e allo. Poñemos unha tarteira con fondo de aceite a quecer para facer un sofrito con allo, cebola e pemento. Botamos un pouco sal e imos picando o tomate. Retiramos os mexillóns cando as verduras están pochadiñas, engadimos o tomate picado, a folla de loureiro e o azafrán. Imos ir abrindo os mexillóns. Pasados uns minutos o tomate está perfecto, entón engadimos os fideos e tamén caldo de abrir os mexillóns. Por último, incorporamos as viandas dos mexillóns á tarteira e apagamos o lume.